30 May 2026

Berberechos con viño branco e manteiga de allo

En apenas 10 minutos podes preparar un aperitivo que leva o mellor da ría de Noia directamente á mesa. Cun bo viño e coa calidade dos Berberechos de Noia terás un prato rápido, sinxelo e cheo de sabor a mar. Preparación paso a paso Limpar os berberechos. Coloca os berberechos nun bol grande con auga fría e dúas culleradiñas de sal. Déixaos repousar arredor dunha hora para que eliminen a area. Despois, enxáugaos ben baixo auga corrente. Preparar a base. Nunha tixola ampla, derrite a manteiga a lume medio. Engade o allo e sofrióno suavemente durante un minuto, con coidado de que non se queime. Engadir o viño e o limón. Virte o viño branco xunto co zume de medio limón e deixa que ferva uns segundos ata que se evapore o alcohol. Cociñar os berberechos. Incorpora os berberechos, remexe e deixa que se abran a lume vivo durante 4–5 minutos. A metade da cocción engade o perexil picado. Servir ao momento. Coloca os berberechos nunha fonte e verte por riba a salsa de manteiga, allo e viño. Goza do prato ben quente. Consellos adicionais Non deixes os berberechos máis tempo do necesario ao lume. En canto se abran, están listos. Se se cociñan en exceso, a súa carne pode endurecerse e perder o sabor delicado. Podes substituír a manteiga por aceite de oliva virxe extra para unha versión máis lixeira. Con manteiga clarificada, a salsa gaña intensidade e un brillo especial. Engadir unha presiña de pementa negra recién moída realza o sabor do viño e do limón.