31 May 2026

Ceviche de Berberecho con Aguacate

Fresco, lixeiro e cheo de sabor a mar, este ceviche de berberecho con aguacate é unha forma orixinal de gozar do auténtico Berberecho de Noia. Unha receita moderna, sinxela e lista en pouco tempo, que combina a suavidade do aguacate co toque cítrico da lima e a intensidade do berberecho, creando un equilibrio perfecto entre frescura, textura e tradición. Preparación paso a paso Corta a cebola en xuliana ou en anaquiños e méttea nun bol. Engade ralladura e zume dunha lima, un chile ou jalapeño picado, o millo torrado, sal e os berberechos co seu zume. Mestura ben todo, removendo durante 2–3 minutos, e garda despois na neveira un par de horas. No momento de servir, pela o aguacate e córtao en anacos. Colócao no fondo dun prato fondo e engade por riba a mestura anterior. Remata cun pouco de coandro ben picado… ¡e prato listo!